Pandeiretada de Outes

Pandeiretada de Outes

Fuxan os Ventos

Eu caseime no araño,
coa filla dun arañón;
ela bonita non é,
pobre si, honrada non.
AI LA LE LO…

Heime de casar hogano,
anque seña co raposo,
héille de afeitar o rabo
pra que seña vanidoso.
AI LA LE LO…

Sei tocare e sei bailare,
tamén sei facelo tonto,
como son fillo dun probe,
teño que saber de todo!.
AI LA LE LO…

O raposo vai ó monte,
pola rodeira do carro,
leva os ollos na cabeza,
e o cú debaixo do rabo.
AI LA LE LO…

Verbo xido, miña purria,
que intervás por areona,
héiche de valdri-los zuros
e rosmarche na morrona.
AI LA LE LO…

Son de Lugo, son de Lugo,
e non o pode negare;
miráime pra miña cara,
o leite que podo dare!
AI LA LE LO…

Os amores dunha vella
son amores dunha santa,
desque se deita na cama
toda a noite o cú lle canta!
AI LA LE LO…

Miña nai como era probe
fixo as papas nunha ola,
eu como son fillo dela
o que é rico que se foda!

Pandeiretada de Outes

Comentarios

Deja tu comentario:

Artistas más populares

Top artistas del momento

Reportar letra