Figa

Figa

Tanxugueiras

Nunca cuspas cara arriba
Que todo tende a caer-e
Para falar faltas doutros
Ningunha en ti ha de haber-e

Marmuras sempre de mim-e
Marmuras de mim e doutros
No inferno tes unha cama
Para te deitar un pouco

Atende do teu primeiro
Que nunca se perde ninguén-e
Pérdese por marmurar-e
Da vida de cadaquen-e

Pérdese por marmurar-e
Da vida de cadaquen-e
Atende do teu primeiro
O dos demais non é teu
(O dos demais non é teu.)

Ailerelelerelé
Ailerelelerelé
Ailerelelerelé
Ailerelelerelé
(O dos demais non é teu)
Ailerelelerelé
Ailerelelerelé
Ailerelelerelé
Ailerelelerelé

Anque de mim digan, digan
Anque de mim digan ben
Anque de mim digan, digan
Eu non digo de ninguén
Anque de mim digan, digan (marmurar de mim e doutros)
Anque de mim digan ben
Anque de mim digan, dighan
Eu non digo de ninguén

Non teñas tanta amargura
Nun corpiño tan pequeno
Vaiche vaiche podrecendo
Até acabar falmaguento

Vaite de aí, rexoubeiro
Rexoubar á túa casa
Se na miña casa hai fume
Na túa queima que abrasa

Atende do teu primeiro
Que nunca se perde ninguén-e
Pérdese por marmurar-e
Da vida de cadaquen-e

Pérdese por marmurar-e
Da vida de cadaquen-e
Atende do teu primeiro
O dos demais non é teu
(O dos demais non é teu)

Ailerelelerelé
Ailerelelerelé
Ailerelelerelé
Ailerelelerelé

Ailerelelerelé
Ailerelelerelé
Ailerelelerelé

Anque de mim digan, digan
Anque de mim digan ben
Anque de mim digan, digan
Eu non digo de ninguén

Anque de mim digan, digan
Anque de mim digan ben
Anque de mim digan, digan
Eu non digo de ninguén

Figa

Comentarios

Deja tu comentario:

Noticias de interés

Últimas noticias musicales

Reportar letra