Pensabas que te quería
Iso foi engano teu
Desa túa fermosura
Non me namoraba eu
Concha da alma
Anque me vou polo mundo
Anque me vou polo mundo
Quérote sempre morena
Dá a volta mariñeiro
Que tamén a deu o Sol
Se a dá que non a dea
Eu a volta non a dou
Concha da alma
Anque me vou polo mundo
Anque me vou polo mundo
Quérote sempre, morena
Sempre andas voume, voume
Xa te podías ter ido
Se te foras hai un ano
Xa me tiñas esquecido
Concha da alma
Anque me vou polo mundo
Anque me vou polo mundo
Quérote sempre, morena
Eu caseime na montaña
Porque había moito pan
O forno da miña sogra bota silvas polo verán
O forno da miña sogra bota silvas polo verán
A miña muller morreume
Enterreina no palleiro
Deixeille os braciños fóra para tocar o pandeiro
Deixeille os braciños fóra para tocar o pandeiro
Eu caseime por un ano
Por saber que vida era
O ano vaise acabando
Solteiriña, quen me dera
Vouvos dar a despedida
Vouvos dar o parabén
Vouvos dar a despedida
Que ma dan a min tamén
Comentarios
Deja tu comentario: